Os alumnos galegos xa poden presentar a súa solicitude para os premios á superación persoal na ESO

Redacción

GALICIA

Imagen de archivo de la entrega de los premios extraordinarios de la ESO, curso 2016-2017.
Imaxe de arquivo da entrega dos premios extraordinarios da ESO, curso 2016-2017. PACO RODRÍGUEZ

Os estudantes que superasen cuarto da ESO no pasado mes de xuño poden optar a estes premios dotados con 1.000 euros

16 ago 2023 . Actualizado á 16:43 h.

O estudantado recentemente graduado na ESO en Galicia pode presentar a súa solicitude para os premios á superación persoal neste nivel educativo. A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades quere premiar o esforzo e a superación persoal dos alumnos de mellor expediente académico nos estudos da educación secundaria obrigatoria.

O prazo para presentar as solicitudes está aberto ata o 15 de setembro. Con estes galardóns, dotados de 1.000 euros por cada estudante distinguido, a Xunta quere recoñecer anualmente a capacidade de superación de alumnos que acaban 4º. de ESO tras superar as súas dificultades de tipo persoal, educativas, da contorna familiar ou sociocultural.

O Goberno autonómico busca que este premio supoña «un exemplo para compañeiros en situacións similares». As solicitudes para poder participar nesta convocatoria deben presentarse, preferiblemente, por medios electrónicos a través do portal PremiosEdu.