Medio milleiro de propietarios de Valdoviño poderán construír nos 37 novos núcleos rurais
VALDOVIÑO
O Concello aproba as modificacións solicitadas pola Xunta no documento inicial
30 oct 2025 . Actualizado á 05:00 h.A delimitación de 37 novos núcleos rurais beneficiará a máis de medio milleiro de propietarios das oito parroquias de Valdoviño. PSOE e BNG apoiaron a aprobación provisional, tras as modificacións solicitadas pola Xunta ao documento que xa fora ratificado polo Concello en febreiro de 2024. O PP, que entón votara en contra, esta vez abstívose.
O documento deberá remitirse de novo á Xunta , á que corresponde a aprobación definitiva. Isto permitirá «edificar, asentando poboación e favorecendo o crecemento urbanístico», destacan desde o goberno local.
Campamentos turísticos
No último pleno tamén saíron adiante, de forma provisional, os criterios que rexerán a implantación de campamentos turísticos no municipio. Servirá para «ordear o asentamento en solo rústico de cámpings e infraestruturas para autocaravanas, e dar maior seguridade xurídica a estas instalacións, cunha crecente e forte demanda», subliña o executivo local. A Xunta pediu correccións no texto aprobado en 2022.