29 oct 2025 . Actualizado á 05:00 h.
Gran vitoria do Inversia Seguros A Estrada Futsal o pasado sábado no pavillón Coto Ferreiro, que tras dobregar ao Pontedeume por 11-3 conseguiu empolicarse todo o máis alto da táboa. Os azulones son primeiros con 15 puntos e contando todos os seus partidos por vitorias. Pola súa banda, a VDE Estrada perdeu 6-1 contra o Narón e é décima, e o Agolada segue penúltimo ao caer ante o Nauga Coruña.