Adeus a Amada García, unha vida marcada pola represión que sufriu a súa nai

a voz FERROL

MUGARDOS

Amada, de niña con su madre
Amada, de nena coa súa nai ama

Amada tiña seis anos cando a súa nai foi fusilada, o 27 de xaneiro de 1938, no Castelo de San Felipe

14 sep 2025 . Actualizado á 05:00 h.

Desde a Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática trasladamos á familia de Amada García o noso sentido pésame polo falecemento de Amada Toimil García, filla de Amada García Rodríguez e Gabriel Toimil Dopico. Amada, que faleceu a noite do xoves, nacera en Mugardos hai 94 anos e levaba 72 como monxa de clausura no Convento de Eirís (A Coruña) da Congregación de Carmelitas Descalzas. Neste convento recibíu sepultura.

Amada tiña seis anos cando a súa nai foi fusilada, o 27 de xaneiro de 1938, no Castelo de San Felipe, vítima da represión e a intolerancia as súas ideas de igualdade e progreso social. Foi acollida na casa do seu padriño e o seu irmán Gabriel, recén nacido, polos avós maternos. A nosa aperta solidaria para a súa sobriña e demás familia.