Nordés aborda o arte no eido rural, nas xornadas que celebrará o sábado en Mañón

LA VOZ MAÑÓN

MAÑÓN

Cristian F. Caruncho, debuxante e ilustrador, é un dos participantes nas xornadas
Cristian F. Caruncho, debuxante e ilustrador, é un dous participantes nas xornadas PABLO CELEIRO

Para o domingo programa un obradoiro de cerámica en Ortigueira

20 feb 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

Catro persoas que desenvolven distintas actividades artísticas na zona serán os poñentes das sétimas xornadas que organiza o colectivo Nordés Terras da Faladora sobre «os diferentes xeitos de vida e modos de relacionarse das persoas co territorio que habitan», centrado no rural. Será o día 24, de 16.30 a 19.00 horas, no Abeiro do Sor, o antigo escolar de Mañón.

Intervirán o debuxante e ilustrador Cristian F. Caruncho, o fotógrafo Xulio Villarino, a conservadora e restauradora Clotilde Lemoine e a artesá Leira, de Artexxanas. Será un faladoiro aberto e haberá unha pequena exposición de traballos. As xornadas continuarán o domingo, día 25, cun obradoiro de cerámica con Artexxanas, no que se realizará unha peza decorativa de xeso cun relevo botánico.

Esta última actividade terá lugar no local de Artemanía, en Ortigueira (na avenida Estrada de Gaitas, número 27), e o custe será de 10 euros para as persoas asociadas no 2024 e de 20 para o resto de interesadas. Para inscribirse hai que mandar un correo a asociacion.nordes@gmail.com ou chamar ao 653 756 454.