A Deputación destina este ano 780.000 euros á contratación de desempregados na zona de Ferrol

La Voz FERROL

FERROL CIUDAD

CEDIDA

Asigna fondos a todos os concellos para dotarse de persoal para os servizos municipais e favorecer a inserción laboral de persoas con dificultades de acceso ao mercado

05 feb 2025 . Actualizado á 05:00 h.

A Deputación provincial da Coruña destinará este ano 778.569 euros a contratar persoal para os servizos municipais nos concellos das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. A través do PEL-Concellos (Plan de Emprego Local) busca fomentar o emprego e mellorar a atención ao cidadán, contratando desempregados e favorecendo a inserción laboral de persoas con maiores dificultades de acceso. As contías asignadas a 21 concellos da zona van desde os 75.000 euros que recibirá Ferrol aos 19.000 de Mañón. E este ano os municipios recibirán as seguintes cantidades: Ares, 40.000; Cabanas, 31.000, A Capela, 25.000; Cariño 31.000; Cedeira , 46.000; Cerdido, 22.000; Fene, 52.000; Moeche, 22.000; Mugardos, 40.000; Narón, 52.000; Neda, 40.000; Ortigueira, 39.569; Pontedeume; 49.000; As Pontes, 52.000; San Sadurniño, 31.000; As Somozas, 25.000; Valdoviño, 43.000 e Vilarmaior, 22.000.

O organismo provincial destaca o apoio aos municipios rurais, nos que recaen este ano o 83% dos fondos concedidos.