0003_202401F6C2992

Ferrol en Común insta o goberno a pedir as axudas para as zonas de baixas emisións

La Voz FERROL

FERROL CIDADE

JOSE PARDO

Propón que se sitúen na Magdalena e reprocha ao PP que teña restablecido o tráfico no perímetro da praza de Armas

06 ene 2024 . Actualizado ás 12:10 h.

O grupo municipal de Ferrol en Común instou o goberno local a implantar zonas de baixas emisións en Ferrol e acollerse á convocatoria do programa de axudas para iso aberto polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico.

A formación lembra a obrigatoriedade de ter creado esas áreas o 1 de xaneiro do pasado ano. E que mesmo o Defensor do Pobo abriu unha investigación contra a cidade por incumprilo e non haber sequera iniciado os trámites. FeC reprocha que no mandato actual gobernado polo PP déronse mesmo pasos en contra do modelo de cidade que se busca, reabrindo ao tráfico as rúas da contorna da praza de Armas. E cre que estas ZBE deberían situarse na Magdalena retomando o proceso de peonalización.