Acordo municipal en Ferrol para estreitar o control do bulevar dAs Pías e forzar o baipás

La Voz FERROL

FERROL CIUDAD

JOSE PARDO

O pleno aprobou a creación dunha comisión de seguimento das obras con participación veciñal

01 dic 2023 . Actualizado á 22:55 h.

O pleno do Concello de Ferrol aprobou o xoves medidas para incrementar o control sobre as obras do bulevar dAs Pías, que executa o Ministerio de Transportes. A moción presentada polo BNG recibiu o apoio do PP e de Ferrol en Común, e o PSOE abstívose. A iniciativa incluía a creación dunha comisión de seguimento das obras en póidana participar os veciños. E tamén a petición de que se suspenda a demolición do túnel da rúa Nova de Caranza mentres non se articule como alternativa de paso o demandado baipás.

A concelleira de Urbanismo, Blanca García, lembrou que en xuño o goberno local xa manifestou a súa preocupación pola situación das obras «que estaban practicamente paralizadas» e «a situación persiste», polo que se reiterou a petición do paso alternativo e demandado unha reunión coa Demarcación de Estradas.

Outra iniciativa do BNG recibiu a unanimidade da corporación: a que demandaba a declaración de Zona de Especial Necesidade de Rehabilitación (ZER) para a casa de Carvalho Calero. O goberno local asegurou que busca recuperala coa normativa xa en vigor antes de aprobar esa medida, aínda que Iván Rivas, voceira do BNG, advertiu que «ou aprobamos o plan especial de Ferrol Vello ou non é viable».