Acto en Ferrol Lanuxe para esixir a rehabilitación da casa de Carvalho Calero

La Voz FERROL

FERROL CIUDAD

JOSE PARDO

Seis entidades plantarán un carballo no aniversario do escritor para denunciar os incumprimentos do goberno local e a Xunta coa recuperación da propiedade

28 oct 2022 . Actualizado á 05:00 h.

O BNG, Ferrolterra Antiga, Artábria, Medulio, a Asociación de Vecinos de Ferrol Lanuxe e o Ateneo Ferrolán convocan este domingo un acto reivindicativo para esixir a rehabilitación da casa de Carvalho Calero. Será fronte a esta propiedade ás 12.00 horas, e conmemorarana do nacemento do profesor, escritor e lingüista incluirá tamén a plantación dun carballo como símbolo dos «incumprimentos» do goberno local e a Xunta con esta casa.