O BNG de Ferrol e varias entidades piden á Xunta que declare zona de especial necesidade de rehabilitación a casa de Carvalho Calero

La Voz FERROL

FERROL CIUDAD

CEDIDA

Denuncian o incumprimento por parte do goberno local da moción plenaria aprobada fai máis dun mes

09 jun 2022 . Actualizado á 05:00 h.

O BNG de Ferrol, a fundación Artábria, a Asociación Ferrolterra Antiga, a Asociación Veciñal de Ferrol Lanuxe, o Ateneo Ferrolán e a Sociedade Cultural Medulio pediron onte á Xunta que declare a casa natal de Carvalho Calero Zona de Especial Necesidade de Rehabilitación (ZER). Fixérono rexistrando unha solicitude ao Instituto Galego de Vivenda e Solo ante os «incumprimentos reiterados» do goberno local que, sosteñen, non deu pasos para cumprir a moción aprobada no pleno fai máis dun mes, e despois de que a sentenza que anulou o plan especial de Ferrol Lanuxe.