A Xunta repara devasa e pistas forestais en varios montes da área de Ferrol

Carmela López
Carmela López FERROL / LA VOZ

FERROL CIDADE

cedida

Os traballos supoñen un gasto de 156.000 euros

02 may 2022 . Actualizado ás 05:00 h.

A Consellería de Medio Rural está a realizar traballos de mellora e acondicionamento de pistas forestais e devasas en montes de xestión pública situados no distrito forestal 1 de Ferrol, cun investimento que ascende a 156.000 euros. Concretamente, estas actuacións preventivas están a levarse a cabo en montes dos concellos de Monfero , A Capela, Ortigueira, Cariño e Cedeira.

Os traballos enmárcanse no plan de prevención de incendios forestais, que no ano 2021 contou cun orzamento de case 30 millóns de euros para actuar en máis de 58.000 hectáreas de territorio, nuns 5.000 quilómetros de pistas e vías de comunicación.

O obxectivo final destas accións preventivas é evitar que o lume se produza, e, no caso de que o faga, limitar ao máximo a súa propagación e minimizar os danos causados.

Os traballos que se están realizando consisten en rózaa mecánica de matogueiras en 50 hectáreas, a limpeza das marxes dos camiños noutras case 31 hectáreas e o acondicionamento de devasa noutras catro hectáreas e 12 quilómetros de pistas.