O vial presentaba unha notable deterioración en varios tramos
12 nov 2025 . Actualizado á 05:00 h.A Xunta investiu 848.729 euros nas obras de mellora da estrada AC-102, que conecta Esteiro (Cedeira) e As Felgosas (Cerdido), pasando polo Porto do Cabo.
A delegada territorial do Goberno galego en Ferrol, Martina Aneiros, revisou onte os traballos acometidos nesta vía, acompañada polo alcalde de Cerdido, o popular Alberto Rey.
«Regularizáronse as zonas máis deterioradas (rodeiras), fresáronse ás áreas de firme con danos estruturais e nalgúns tramos repúxose o firme», indican. O obxectivo, engaden, «é mellorar as condicións de circulación e a seguridade».