Unha muller atropela a un veciño de Ares nun paso de peóns pero regresa tras ser avisada por unha testemuña

ARES

A vítima de 62 anos ingresou no hospital de Ferrol con diversas lesións, segundo a Policía Local
15 jul 2025 . Actualizado á 10:45 h.Durante a mañá deste luns, unha muller atropelou a un veciño de Ares cando este cruzaba un paso de peóns. Segundo informa a Policía Local, o accidente ocorreu na confluencia das rúas Ángeles e Solín.
O atropelado sufriu diversas lesións, polo que tivo que ingresar no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF). Trátase dun home de 62 anos, que responde as iniciais de J.M.M.R. Segundo indica a Policía Local, «o atropelo produciuse nun paso de peóns con boa visibilidade e nunha rúa onde os vehículos circulan a velocidade reducida». Os danos no coche foron mínimos e a condutora non requiriu asistencia médica.
Segundo testemuñas dos feitos, a condutora non vira ao peón pois tras golpealo seguiu a marcha. Pero foi avisada por un dos presentes así que regresou ao lugar do accidente. A investigación corre a cargo dos Xulgados de Ferrol.