Na ruta Vigo-Ferrol haberá unha nova saída ás 12.35 horas e habilitarase un regreso especial ás 23.00 horas
02 ago 2026 . Actualizado á 05:00 h.A Xunta abriu a venda de billetes dos servizos especiais de autobús cos que reforzará o transporte público con motivo da eclipse solar do próximo 12 de agosto.
Habilítanse servizos especiais desde a estación intermodal de Vigo cara a Coruña e Ferrol. Na ruta Vigo-Ferrol haberá unha nova saída ás 12.35 horas, con chegada prevista ás 15.30 horas. Tamén se habilitará un regreso especial ás 23.00 horas, unha vez finalizada a observación da eclipse.
Os billetes xa poden reservarse a través das páxinas web de Monbus e Arriva.