O campus de Ferrol acolle unha xornada para explorar as ruínas da mítica Babilonia ou a antiga cidade de Mari
FERROL

O encontro de arqueoloxía e historia Ex Oriente Lux mantén aberta a matrícula ata o día 15 de setembro
05 sep 2025 . Actualizado á 10:10 h.A Cátedra de Arqueoloxía e Educación Patrimonial e a Sociedade Luso-Galega de Estudos Mesopotámicos organizan a V Xornada Ex Oriente Lux-Jean Claude Margeron no campus de Esteiro.
Baixo o título De Babilonia a Xerusalén, este encontro sobre historia e arqueoloxía do Próximo Oriente celebrarase o 19 de setembro na Facultade de Humanidades e contará coa participación de expertos como Fernando Escribano, da Universidade Autónoma de Madrid, que falará sobre as ruínas de Babilonia, ou Juan Luis Montero Fenollós, arqueólogo e profesor de Historia Antiga na Universidade da Coruña, que disertará sobre a antiga cidade mesopotámica de Mari.

Nas xornadas tamén intervirá o profesor Jaime Vázquez Allegue, da Universidade de Comillas, que presentará un relatorio sobre as orixes do cristianismo; ou Lucía Brage, experta en Patrimonio, cun charla sobre as primeiras coleccións do Oriente bíblico en España.
Os interesados poden inscribirse enviando un correo electrónico a dirección slg.estudiosmesopotamicos@gmail.com ata o próximo 15 de setembro. Quen queira obter máis información poden chamar ao teléfono 881 013 833.