
Proceden de Burgos, de Ecuador e do Congo
01 ago 2025 . Actualizado á 00:48 h.A Diocese de Mondoñedo-Ferrol incorporará, o próximo outono, tres novos sacerdotes. Trátase de mozos procedentes das dioceses de Burgos, Guayaquil (Ecuador) e Kikwit (Congo), que mediante convidos cos seus respectivos bispados prestarán o seu labor a parroquias de Mondoñedo-Ferrol durante un período comprendido, inicialmente, entre os tres e os cinco anos.
Na actualidade está a estudarse, tamén, a posibilidade de establecer, desde Mondoñedo-Ferrol, un convenio deste tipo con diocese de Cabo Verde.