Ainhoa Arteta, Ara Malikian e Os Limóns cos 80 na cultura ferrolá

La Voz FERROL / LA VOZ

FERROL

Ainhoa Arteta actuará en Ferrol
Ainhoa Arteta actuará en Ferrol ÓSCAR CELA

A programación do teatro inclúe teatro con Luisa Martín, Olivia Molina e Tito Asorey

01 feb 2025 . Actualizado á 05:00 h.

Ópera, teatro, humor e pop dos 80 serviranse en frío este primeiro trimestre. A programación cultural do Concello de Ferrol inclúe 22 eventos, entre os que se asoma a soprano Ainhoa Arteta, a violinista Ara Malikian ou Os Limóns cun concerto sobre os 80. «As propostas no teatro Jofre e no auditorio son para todos os públicos, e xa este sábado chega o humorista Roberto Vilar no auditorio con Continueixon ás 20.30 horas», indica o concelleiro de Cultura, José Antonio Ponte Far.

O mércores será a quenda da ópera Il Trovatore de Verdi, o xoves da Orquestra Sinfónica de Galicia. E xa o día 7 regresa Ara Malikian coa súa xira Intruso (21.00 horas no auditorio, entradas xa esgotadas). O 8 toca rock cOs Saxos do Averno no Jofre. O 14 sóbense ao teatro Fernando Cayo e Marcial Álvarez cOs luns ao sol. E o 15 haberá jazz con Iván Melón Lewis e Ariel Brínguez no concerto Alma en Cuba. O mes remata o 28 co festival Un longo camiño dende vos anos 80 ata hoxe: «Estamos invitando a todos os integrantes do grupo Los Limones ao longo de todos estes anos para que participen tamén, e render así unha homenaxe a este grupo».

  

Xa o 1 de marzo, Olivia Molina e Luisa Martín traen Malditos Tacóns; o 8 actúa Ainhoa Arteta no auditorio; e o 21 Tito Asorey no Jofre. En exposicións, chegará unha polo 25 aniversario da morte de Segura Torrella e outra de Torrente Ballester.