O BNG compromete trámites para axilizar a rehabilitación da casa de Carvalho Calero

La Voz FERROL

FERROL

CEDIDA

A cabeza de lista pola Coruña, Mercedes Queixas, visitou Ferrol Vello e defendeu a candidatura a patrimonio mundial

15 feb 2024 . Actualizado á 05:00 h.

A cabeza de lista do BNG pola Coruña, Mercedes Queixas, visitou onte Ferrol Vello e mostrouse «impresionada» polo estado ruinoso da casa natal de Carvalho Calero. E alí, xunto ao candidato comarcal Mon Fernández e o portavoz municipal, Iván Rivas, asegurou que un goberno galego liderado por Ana Pontón dará luz verde á declaración de Zona de Especial Necesidade de Rehabilitación (ZER) que permita a súa restauración e posta en valor. «Non toleraremos que esta zona sexa obxecto de especulación», advertiu. Ademais, asegura que o BNG dará «todo o apoio» a la candidatura de Ferrol a patrimonio mundial. Éo de feito e teno que ser tamén de dereito», defendeu Queixas.