A Vane's Band, unha homenaxe musical contra o cancro

FERROL

I. VALERIO

Ofreceu un concerto solidario no local social de Santa Comba, en Covas

31 ene 2024 . Actualizado ás 09:19 h.

A agrupación musical xurdida para apoiar a loita contra o cancro da moza ferrolá Vanesa, falecida o ano pasado, segue apostando pola necesidade de recadar fondos para destinalos á investigación e o apoio das persoas que padecen esa patoloxía en calquera das súas variantes. Por iso, o pasado domingo, a Vane's Band, que así se chama en honra a Vanesa, ofreceu novo concerto solidario no local social de Santa Comba, en Covas. Foi unha sesión vermú amenizada polos integrantes desta banda que se reúne periodicamente para lembrar a necesidade de arrimar o ombro cos que padecen cancro. É o seu único obxectivo e fano en honra a Vane. Eles son Asier García, Bea Orjales, Ruth Fernández, Ángela Arias, Javi Jet, Jacobo Vilariño, Róber Gago e Freddie Rocker, e unha vez máis o deron todo sobre o escenario. As súas próximas citas serán o 23 de febreiro no Casino de Ferrol, de novo, a favor da Junta local da Asociación Contra o Cancro. O 23 de marzo farán parada na Room e o 5 de maio volverán subirse ao escenario nos Maios de Canido.