A rehabilitación da casa de Carvalho Calero chegará ao pleno de Ferrol

La Voz FERROL

FERROL

KIKO DELGADO

Unha concentración na Praza Vella esixiu ao goberno local que non paralice o proxecto para a súa recuperación

28 mar 2022 . Actualizado á 12:28 h.

O BNG, Ferrolterra Antiga, Artábria, Medulio, a Asociación de Vecinos de Ferrol Vello e o Ateneo Ferrolán esixiron onte cunha concentración que non se paralice o proxecto para rehabilitar a casa natal de Carvalho Calero.

Na Praza Vella anunciouse que presentarán unha moción ao pleno do xoves para que o goberno local continúe a tramitación, declarando ese lugar como Zona de Especial Necesidade de Rehabilitación.