O Concello de Madrid sanciona a Pablo Iglesias por exceso de capacidade na taberna Garibaldi

Manuel Costoya
M. C. Cereijo REDACCIÓN

ESPAÑA

Taberna Garibaldi

O exvicepresidente iniciou unha recollida popular de fondos para ampliar o negocio e contar con máis metros para «eventos e iniciativas políticas e culturais»

25 abr 2025 . Actualizado á 13:36 h.

Pablo Iglesias, desde que a súa saída do Gobierno e tras apartarse oficialmente da política activa, dedicouse a outras cousas. Unha delas foi abrir unha taberna, bautizada como Garibaldi, no madrileño barrio de Lavapiés. O exvicepresidente é un dos tres socios fundadores deste negocio que se lle quedou pequeno, segundo recoñecía o mesmo nas redes sociais. Por iso abriu unha recada vía crowfunding na que pide diñeiro aos seus seguidores para que lle axuden a ampliar o proxecto. «Apoia a liberdade, apoia a Garibaldi», é o slogan de Iglesias. O exvicepresidente quere contar con máis metros no local para «eventos e iniciativas políticas e culturais». Tamén desvelou que quere exportar o modelo de negocio ao centro de Madrid..

Pero o Concello, que dirixe o popular José Luis Martínez-Almeida, puxo os ollos en Taberna Garibaldi e sancionou aos seus propietarios por exceso de capacidade. «Pablo Iglesias non está á marxe da  lei. Ten que cumprir as normas como todo fillo de veciño e, por tanto, se no local había 55 persoas cando ten unha capacidade permitida de 45, será sancionado como calquera establecemento que incumpra a normativa», anunciou o propio Martínez-Almeida nun acto municipal celebrado este venres.

Ao alcalde tampouco lle gusta a idea da campaña de recollida de fondos promovida por Iglesias para dar soporte financeiro ao seu proxecto empresarial e cultural. «Está a facer o ridículo», dixo contundente. Faio, segundo o rexedor do PP, para conseguir «os 15 segunditos de gloria que non ten ultimamente. Pois nada, que con ese crowdfunding pague a multa ao Concello, que ademais terá pronto pago», concluíu con sorna Almeida.