25 abr 2013 . Actualizado á 07:00 h.
Na loita que se está levando actualmente contra a violencia en todas as súas manifestacións sociais, a actitude do parlamentario autonómico Xosé Manuel Beiras e o seu grupo AGE non axudan moito. O uso da razón e dos argumentos non pode substituírse nunca pola coacción física como a exercida por Beiras. Un mínimo sentido democrático, un mínimo de respecto ao presidente da Xunta, un mínimo de consideración cos cidadáns galegos deberían facer que Beiras regresase de novo ao uso da razón, ou a deixar o escano autonómico.