05 nov 2025 . Actualizado á 05:00 h.
A Central Agropecuaria de Silleda, de acordo coa resolución da Consellería do Medio Rural, anotou a segunda semana consecutiva sen celebrar a poxa de gando. Unha medida preventiva da Xunta para evitar a reprodución da dermatosis en Galicia. Tan só tivo lugar a actualización das mesas de prezos, cunha alza no custo dos ovos e os leitóns.