16 dic 2025 . Actualizado á 05:00 h.
O grupo de apoio á crianza Teta e Coliño celebrará o día 18 o seu encontro mensual coas familias para compartir experiencias e abordar consultas ou inquietudes ao redor da lactación. Será ás 18.00 horas na ludoteca do edificio sociocultural da rúa Manuel Rivero. Os interesados en acudir deben inscribirse de forma previa.