Tres Flores de Honra para Lalín e unha para a Estrada de Vilas en Flor

La Voz LALÍN / LA VOZ

LALÍN

16 nov 2025 . Actualizado á 05:00 h.

O Concello de Lalín recibiu tres Flores de Honra, á que se suma unha recibida polo da Estrada, entregadas na oitava gala de Vilas en Flor celebrada este venres en Carballo. Son 41 os municipios galegos que impulsan xunto ao movemento Vilas en Flor Galicia unha nova visión dos espazos verdes rurais.

Este movemento está promovido en Galicia pola Fundación Juana de Vega xunto con Asvinor, a Asociación de Viveristas do Noroeste, e Agaexar, a Asociación Galega de Empresas de Xardinería.

Desde o 2018, o movemento Vilas en Flor Galicia ten como obxectivo mellorar a planificación, o deseño e a xestión das zonas verdes, tanto urbanas como rurais, nos concellos galegos de menos de 40.000 habitantes.

Este ano de novo Lalín mantén as tres Flores de Honra que xa tiña e A Estrada tamén a súa.