Homenaxe a Pilar Fernández pola súa xubilación

La Voz

LALÍN

cedida

02 jun 2025 . Actualizado á 05:00 h.

A lalinense Pilar Fernández Guerra acaba de ingresar na nómina dos xubilados tras catro décadas de traballo en Correos. Desempeñou o seu labor profesional en varios destinos, comezando por Madrid para regresar despois a Galicia, onde estivo nas oficinas de Santiago, A Estrada e Silleda, neste caso durante os últimos tres lustros. Ao redor de corenta compañeiros tributaron onte unha homenaxe e despedida a Pilar Fernández, compartindo comida no restaurante Naval do Espiño de Lalín, sen que faltasen agasallos.