O feminismo na escola pechou o curso de igualdade

Rocío Perez Ramos
R. Ramos LALÍN / LA VOZ

LALÍN

Adrián Freiría

15 jul 2023 . Actualizado á 05:00 h.

Marian Moreno Llaneza foi a última relatora do curso de Novas Fronteiras na Igualdade de Oportunidades que se impartiu estes días en Lalín. A iniciativa da USC organizada en colaboración co Concello de Lalín foi clausurada polo alcalde, José Crespo, a directora do curso, Mar Sanjuán, a directora xeral dá Igualdade, Sandra Vázquez e a concelleira de Igualdade, Carmen Canda.

Sandra Vázquez destacou que o anteproxecto da futura Lei de igualdade situará a Galicia á vangarda ao regular na nova norma a sustentabilidade social empresarial a fin de que as empresas favorezan a igualdade de oportunidades entre o persoal, con independencia do seu xénero e creando equipos diversos, multidisciplinares, mellorando a súa competitividade e benestar laboral converténdose en polos de atracción e de retención do talento». Destacou a aposta da Xunta polo benestar laboral que impulsará a futura lei para loitar contra a discriminación da muller no traballo.

Incidiu en que «somos a primeira comunidade do Estado en regular este concepto con el objetivo de modernizar y regularizar la cultura empresarial con base en los valores sociais. Y añadió que «a sustentabilidade social empresarial é un dos eixos fundamentais para loitar contra a discriminación da muller no traballo e facer efectiva a verdadeira igualdade de oportunidades».

Na súa intervención afirmou que «cursos coma este que hoxe se clausura son unha plataforma excelente para desenvolver un pensamento crítico e para abordar os estereotipos e os roles de xénero» así como «para fomentar a participación e a acción social , para coñecer mellor o noso pasado e pasa asentar conscientemente as bases do futuro que queremos».

Desde o pasado martes, o Salón Teatro do Auditorio de Lalín foi escenario deste novo curso de verán da Universidade de Santiago de Compostela, un dos mellor valorados, que nesta edición acadou a maioría de idade. Durante as últimas xornadas especialistas de gran prestixio nacional abordaron temas relacionados coas violencias, a coeducación, a lei trans ou a do só si é si,