16 dic 2025 . Actualizado á 05:00 h.
O Concello de Dozón acaba de abrir o proceso para que as persoas interesadas opten aos cargos de xuíz de paz titular e substituto durante catro anos. Desde a publicación onte do anuncio no BOPP da convocatoria ábrese un prazo de quince días hábiles para tramitar as instancias e despois será o pleno o que elixa aspirantes a referendar polo TSXG.