SP Estrada e Agolada teñen hoxe rivais de primeiro nivel

La Voz A ESTRADA, LALÍN / LA VOZ

AGOLADA

14 dic 2025 . Actualizado á 05:00 h.

SP Estrada e Agolada teñen hoxe rivais complicados a domicilio. Os estradenses visitan ao Ribadumia (17.00, A Senra), o actual líder do seu grupo en Primeira Futgal. Marchan imbatidos con 38 puntos, cedendo só dous empates en catorce xornadas. Mentres, os de Tinto están duodécimos con 16 puntos, cunha marcha irregular nas últimas xornadas.

Pola súa banda, o pechacancelas Agolada mídese ao Unión (17.00, campo municipal de Rianxo), que está terceiro con 32 puntos. Os dezáns aínda non lograron gañar ningún partido e só suman catro empates.