Sidreros da Estrada no País Vasco

La Voz

A ESTRADA

Cedida

16 nov 2025 . Actualizado á 05:00 h.

Representantes do sector da mazá e a sidra da Estrada continuaban onte o seu periplo polo norte de España, neste caso polo País Vasco pechando un percorrido que os levou por Asturias e Cantabria. O obxectivo era descubrir novas vías de comercialización, así como aprender técnicas innovadoras en sanidade e produción vexetal, coñecer os últimos modelos de máquinas para o campo e a industria e establecer contactos e sinerxías con produtores e sidreros da cornixa cantábrica.