0003_202405D16C5991

Festa das Palabras na Estrada para presumir do galego

Rocío Perez Ramos
Rocío Ramos A Estrada / LA VOZ

A Estrada

Cedida

A celebración terá lugar o día 22 no Teatro Principal

16 may 2024 . Actualizado ás 05:00 h.

A Estrada chega a novena edición da Festa das Palabras cun acto no que presumir da nosa lingua coas letras e a música como protagonistas. O día 22 de maior, as 20.00 horas, no Teatro Principal terá lugar a entrega de premios do XI Concurso de Micropoemas e Microrrelatos.

Este ano os autores e autoras tiveron que incluír a palabra música nos microrrelatos e a de silencio nos micropoemas e que foron elixidas por formar parte dos títulos das obras de Luísa Villalta a quen se homenaxea nestas Letras Galegas. Foron tamén as palabras escollidas polos alumnos estradenses no primeiro trimestre. No segundo, escolléronse os 62 gañadores no ensino de Primaria, Secundaria, Bacharelato e ciclos formativos e os textos elixidos aparecen nun libro que será entregado nesta festa organizada, un ano máis, polos equipos de dinamización da lingua galega dos centros de ensino da Estrada, Dinamizastrada, a todos os autores. Un volume no que se inclúen tamén 14 ilustracións feitas polos nenos de Educación Infantil, un limiar do padriño desta edición e unha portada, obra da deseñadora, Rosa de Cabanas.

O día 22 no acto participará o alumnado pero tamén as familias. O padriño literario deste ano é o escritor, investigador e profesor estradense, Carlos Loureiro Rodríguez. Dende a súa faceta de ensaísta e investigador conta con obras como Manuel García Barros, obra e pensamento (2021) ou o seu Dicionario de escritores de Tabeirós-Terra de Montes (2004). Como editor destacan as súas publicacións de obras de Varela Buxán, Losada Diéguez ou Manuel García Barros.

No acto non faltará tampouco a música, da man de Lucía Azurmendi, que actuará acompañada do seu grupo. A celebración desta Festa das Palabras estará conducida por dous rapaces, alumnos do ES García Barros, Trala presentación acuará Lucía Azurmendi e o seu grupo, intervirá o padriño da festa e se entregarán os premios. Os de micropoemas primeiro e os de microrrelatos despois separados por unha nova actuación musical.

Lle seguirá a intervención dos representantes do Concello para cerrar con una nova actuación de Lucía Azurmendi e o seu grupo. A celebración conta coa participación dos dez centros educativos existentes no municipio da Estrada.