O Principal acolle esta tarde o espectáculo «Bailar agora»

La Voz

A ESTRADA

06 abr 2024 . Actualizado á 05:00 h.

O teatro Principal da Estrada acollerá hoxe ás 20.30 horas o espectáculo Bailar agora, no que a danza se combina acertadamente con outras disciplinas artísticas cun resultado espectacular. A proposta logrou o premio Fetén 2022 e tres María Casares, ademais de ser recoñecido co premio Dorotea Bárcena e no festival de Ribadavia. A entrada custa 5 euros.