Cáritas da Estrada prepárase para o inicio da Operación Quilo

La Voz A ESTRADA / LA VOZ

A ESTRADA

miguel souto

23 nov 2021 . Actualizado á 05:00 h.

Cáritas parroquial da Estrada anuncia a posta en marcha da campaña de recollida de alimentos non perecedoiros no mes de decembro, denominada como Operación Quilo. Lembran que para colaborar débense depositar os alimentos nas caixas vermellas dos establecementos colaboradores, os supermercados Día, Froiz, Familia e Gadis e as tendas de alimentación Artesa, Casa Silva, Chedas, A Santiaguesa, Villabrasil e a Taberna de Ouzande.