Comeza a Operación Quilo de Cáritas en once tendas da Estrada

La Voz

A ESTRADA

01 dic 2020 . Actualizado á 05:00 h.

Cáritas A Estrada pon en marcha desde hoxe unha nova edición da súa Operación Quilo, coa recollida de produtos non perecedoiros. Haberá caixas vermellas onde depositar as doazóns de alimentos en once establecementos estradenses. Os interesados poden colaborar durante todo o mes nos supermercados Día, Familia, Froiz e Gadis e tamén nas tendas Artesa, Casa Silva, Collazo, Chedas, A Santiaguesa, Villa Brasil e a Taberna de Ouzande. Na última campaña reuníranse 11.500 quilos de alimentos así como 3.200 euros en doazóns en metálico.