Brais Rey gañou en sub-16 o provincial de cros e Mosquera, segundo absoluto

La Voz A ESTRADA / LA VOZ

DEZA

Cedida

14 dic 2025 . Actualizado á 05:00 h.

En Zamáns disputouse onte o campionato provincial de campo a través con participación do Atletismo A Estrada, destacando a vitoria cultivada por Brais Rey en categoría sub-16. Desde o inicio situouse en postos de cabeza, para controlar a proba e demarrar a trescentos da meta, completando os 2,5 quilómetros de percorrido en primeira posición. Xunto ao resto dos seus compañeiros subíronse tamén ao podio por equipos nesta categoría, ao quedar terceiros, con Boel Rivadulla na 17.ª posición e Mauro Míguez na 19-ª, completando Andrés Duro a representación estradense.

En sub-16 pero en mulleres o club contou coa baixa dunha das súas deportivas relevantes en probas de fondo, Sara Neira. Por equipos quedaron quintas, con Lara García como 15.ª, Catuxa Temes 17.ª e Emma Fernández entrando en meta 27.ª. Xa en sub-14 a representación estradense estivo integrada por Alba Ferro, Mauro Carro e Iván Míguez.

En sub-12 o equipo feminino concluíu na quinta praza. Estivo integrado por María Esther Vázquez, Greta Porto, Erea San Martín e Sofía Marque. En sub-10 correron Lucía Ramos e Carlos Míguez.

Mosquera, segundo absoluto

Ademais, disputouse a proba absoluta baixo o nome XXIV Cros Andrés Abanqueiro, onde Iago Mosquera, aínda en categoría sub-16, acabou segundo na xeral, tras unha gran carreira e demostrando un gran momento de forma.