Os músicos ofrecerán un concerto no Centro Galego
05 dic 2025 . Actualizado á 05:00 h.A Coral Polifónica Estradense levará a música e a cultura galega a Salamanca participando nun encontro coa comunidade galega organizado polo Centro Galego de Salamanca. A coral estradense ofrecerá un concerto o domingo ás 19.00 horas no auditorio do Centro Galego. Os coralistas terán ademais a oportunidade de coñecer a historia da cidade e de compartir experiencias cos anfitrións