Charla de Cogami sobre o manexo de problemas de conduta o día 26 no Mome

La Voz A ESTRADA / LA VOZ

DEZA

14 nov 2025 . Actualizado á 05:00 h.

A sala Mome da Estrada acollerá o mércores 26 de novembro ás 16.00 horas unha charla sobre o manexo dos problemas de conduta organizada polo centro de atención diúrna que a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) ten en Medelo. A sesión será impartida polo psicólogo Pablo Lobato e está dirixida especialmente a familias de persoas con discapacidade intelectual, aínda que está aberta a todo o mundo. O obxectivo é ofrecer pautas e ferramentas prácticas para comprender e xestionar condutas difíciles e achegar claves para manexar mellor estas situacións.