Guille Sobrado gana o torneo Villa de Madrid

La Voz LALÍN / LA VOZ

DEZA

28 oct 2025 . Actualizado á 05:00 h.

Esta fin de semana disputouse o Torneo Villa de Madrid de loitas olímpicas, unha prestixiosa competición nacional que reuniu a 400 deportistas de todo o país. Entre eles representantes do Keltoi de Vila de Cruzamentos e do A Cambadela da Estrada.

O combinado autonómico conseguiu catro medallas de ouro, tres de prata e oito de bronce, destacando o primeiro posto do lalinense sub-17 Guillermo Sobrado, do Keltoi, na categoría de máis de 80 quilos. Así mesmo, o seu compañeiro de equipo, e tamén sub-17, Joel Castro subiuse ao segundo chanzo do podio na categoría de 60 quilos