A delegación da UNED en Pontevedra daba a coñecer onte os quince seminarios a celebrar na provincia dentro dos seus cursos de verán. Lalín acollerá unha desas iniciativas do 21 ao 23 de xullo. O valor da monarquía parlamentaria en tempos de turbanza democrática denomínase o curso para desenvolve na aula lalinense, con dirección de Carlos Vidal e vinte horas lectiva de duración.
Entre os relatores figura o catedrático de Dereito Constitucional da USC e articulista de La Voz de Galicia, Roberto Blanco Valdés, que ofrecerá unha conferencia sobre o papel da monarquía parlamentaria na Constitución española. Será o día 21 de xullo e haberá ademais unha presentación previa do curso polo catedrático de Dereito Constitucional, Eloy García, así como unha mesa redonda ao redor de monarquía ou república con Víctor J. Vázquez, profesor de Dereito Constitucional da Universidade de Sevilla, e Joan Tardá, deputado de Esquerra Republicana.
O día 22 haberá Alfonso Cuenca, letrado das Cortes Xerais, sobre o papel do rei na investidura do Gobierno; Luis María Díez-Picazo, maxistrado do Tribunal Supremo, sobre unha posible lei reguladora da Coroa; e unha mesa redonda sobre a responsabilidade do rei e o papel dos seus conselleiros privados. O 23 pecharase con relatorios sobre a función do herdeiro na monarquía e o seu papel en tempos convulsos na democracia.