Goyanes presentou a súa renuncia como director de Cáritas parroquial de San Paio

La Voz A ESTRADA / LA VOZ

DEZA

cedida

21 dic 2020 . Actualizado á 21:13 h.

Juan Ignacio Rodríguez-Goyanes Sánchez presentou a súa renuncia como director de Cáritas parroquial de San Paio por motivos persoais, renuncia que foi xa aceptada. Á espera do nomeamento de novo responsable, a coordinación de tarefas da entidade será asumida neste período de interinidade polo párroco estradense, José Antonio Ortigueira, como consiliario parroquial de Cáritas.

O labor continúa adiante

Cáritas continúa traballando nos programas que desenvolve de atención ás persoas, polo que anima a todos a seguir colaborando tanto na recollida de alimentos, a Operación Quilo en marcha durante este mes de decembro, e en todos os demais servizos que aguzosa ás persoas máis desfavorecidas.