
O francés despídese engrosando a lista de fichaxes de xaneiro pouco frutíferos para un Dépor que acumula tempadas sen apenas alegrías nese mercado
01 sep 2025 . Actualizado á 11:54 h.Os reforzos de urxencia da fiestra de xaneiro apenas tiveron impacto no Deportivo. Na gran maioría dos casos, as expectativas non foron proporcionais ao rendemento no verde. O francoaustraliano Denis Genreau, aparece tras a súa marcha como a última vítima dun mercado ao que só deixou de acudirse no ano 2011, tras o descenso a Segunda División e as avultadas débedas económicas do club. Desde entón, o Dépor explotou cada unha das fiestras invernais ao longo dos anos, pero poucos dos incorporados gozaron de continuidade e transcendencia.
2012-2013
O golazo de Silvio
Paulo Assunçao, «Kaká», e o portugués Silvio foron as fichaxes. O xogador luso si tivo un paso lembrado en Riazor, destacando o seu golazo para a vitoria ante o Celta aquel ano. O luso xogou 17 partidos de branquiazul con 16 titularidades e só unha suplencia. No caso dos brasileiros Assuncao e «Kaká», ningún contou con minutos no equipo.
2013-2014
Estrelas dunha tempada
Chegaron Rabello, Sissoko, Salomao, Ifrán, Toché e Lopo. Os dianteiros Ifrán e Toché deixaron bo rendemento pero non pasou daquel ano. O medio Sissoko chegou procedente do Saint-Étienne pasado de peso. Púxose en forma e converteuse nun dos ídolos da afección. Xogou 11 partidos de titular de 16 xogados. O extremo Salomao viviu a súa segunda etapa no Dépor na que xogou só 6 partidos. Estivo a seguinte campaña en Primeira, lembrado por un gol inesquecible no Camp Nou que selou a salvación deportivista.
No caso de Rabello, o xogador chileno tivo un bo papel con 5 asistencias e unha participación en toda a segunda volta con 18 titularidades de 19 partidos xogados.Para rematar, o regreso do defensor Lopo foi relevante para o equipo aquela tempada. Despois, o xogador tivo escintileos intermitentes co club ata a súa saída no ano 2018.
2014-2015
A chegada de Borges
Borja López, Helder Costa, Oriol Riera e Borges como reforzos. Destacou o costarriqueño Celso Borges, que marcou dous goles no seu debut en Primeira División e mantivo un bo nivel durante catro tempadas de titular na elite.
Borja López e Helder Costa apenas tiveron minutos e o dianteiro Oriol Riera tivo bastante participación durante dúas tempadas nas que anotou 7 goles.
2015-2016
O veterano Pletikosa
O porteiro fichou do Rostov ruso e levaba seis meses sen competir. Foi a única fichaxe do club. Xogou dous partidos, entre eles o último en Riazor. Ese día fixo a volta de honra ao estadio onda a súa familia e retirouse do fútbol.
2016-2017
Participación ínfima
O fichaxes Kakuta, Onda John e Davy Roef non deixaron nada rechamante en Riazor. O porteiro Roef só xogou o último partido de liga coa permanencia matemática xa conseguida e os extremos Kakuta e John, a pesar de ter bo nome, apenas contaron con minutos e relevancia.
2017-2018
Os descensos de Bóveda
O club asinou a Koval, o ex do Celta Krohn-Delhi, Muntari e Eneko Bóveda. O danés con pasado en Vigo durou dúas campañas pero sen apenas minutos. Koval xogou só un partido e Muntari apenas debutou co equipo. Eneko Bóveda foi o mais duradeiro, pero o que máis conseguiu foi descensos. Un no 2018 e outro no 2020 para deixar o equipo en Segunda División B no 2021.
2018-2019
Nahuel loitou o ascenso
Dúas chegadas sen minutos para o defensa Borja López e o centrocampista Vítor Silva. O único que contou con algo de protagonismo foi Nahuel Molina na fase final do curso, xogando de titular 5 partidos de liga e tamén o playoff a Primeira División. Tamén se lembra por levar o dorsal número «10» na camiseta .
2019-2020
A volta de Çolak
Tras un desastroso inicio ligueiro e co equipo en descenso a Segundo B, o club realizou 8 fichaxes no inverno: Colak, Sabin Merino, Vallejo, Keko, Beauvue, Jokanovic, Abdoulaye Ba e Uche Agbo. Destacou a volta do turco Emre Çolak e o desenvolvemento goleador do dianteiro Sabin Merino, que case salvan ao equipo á falta dunha última xornada moi polémica.
2020-2021
A fichaxe de Raí Nascimento
O extremo brasileiro foi a única chegada e xogou 13 partidos, 10 como titular.
2021-2022
Álvaro Rey e Antoñito
Foron as dúas altas do equipo. Álvaro xogou 11 partidos e só 3 como titular. En cambio, o lateral dereito Antoñito, acabou tendo un bo desempeño no equipo aquel ano. A tempada seguinte tivo protagonismo absoluto, con 33 titularidades, para despois marcharse a final do curso.
2022-2023
O regreso de Lucas Pérez
O neno de Monelos e lenda deportivista volvía á súa casa desde Primeira División para intentar sacar ao club dos seus amores do pozo. A pesar do seu gran rendemento desde entón, e sendo titular en toso os partidos desde a súa aterraxe, aquela tempada non logrou materializar o ascenso. O resto de fichaxes foron o lateral Lebedenko, o extremo Kike Saverio, o central Pepe Sánchez e o dianteiro Arturo Rodríguez.
2023-2024
Raúl Alcaina e Eric Puerto
O mozo porteiro Eric Puerto veu como unha gran promesa do Antequera en Segundo Rfef. A pesar de non contar con minutos, o gardameta segue vinculado co club e ten contrato ata o 2027.
O dianteiro Alcaina chegou do Alcoyano e foi un bo suplente, con 3 goles e 13 participacións que axudaron a culminar o ascenso a Segunda División. Este verán, o punta marchou libre ao Penafiel. A última fichaxe foi a cesión de Luis Quintero, extremo que apenas disputou 38 minutos.
2024-2025
A ilusión de Zakaria
O citado Genreau, Tosic Diego Gómez e Zakaria foron as fichaxes invernais do pasado curso. O maior despunte foi o dianteiro Zakaria. O xogador fíxose coa titularidade, marcou 4 goles e converteuse nunha referencia do equipo. Actualmente, parte como punta titular dos branquiazuis para esta campaña.