O CRAT, quinto na primeira sede do Campionato de España feminino de seven

DEPORTES

Diego Dolan

O equipo coruñés foi anftrión e organizador do torneo na Coruña, a primeira de tres sedes

08 jun 2025 . Actualizado á 20:41 h.

O CRAT Residencia Rialta terminó na quinta posición da primeira das sedes do Campionato de España feminino de rugbi a sete, que se disputou na cidade deportiva da Torre.

O equipo coruñés, organizador do torneo, comezou o día contra Sant Cugat (finalista), nun duelo igualado que dominou, pero que acabou perdendo (14-7), polo que tivo que seguir xogando por garantirse o quinto posto. Os cruzamentos contra Jabatas (41-7) e Cocos (12-7) foron claros a favor das coruñesas.

En canto á clasificación xeral, o Rugby Turia impúxose por un claro 26-5 ao vixente campión de España de seven, o Sant Cugat, e colócase como primeiro líder das GPS.

A próxima sede será esta fin de semana no Campo del Río de Valencia. A serie final disputarase a última fin de semana de xuño en Sevilla e estará organizado por Simón Verde Magnolia Cocos.

CLASIFICACIÓN

Equipo Puntos

1. Rugby Turia 20

2. Sant Cugat 18

3. Energimac Majadahonda 16

4. CRAP Universidade de Sevilla 14

5. CRAT Rialta Seven 12

6. Simón Verde Magnolia Cocos 10

7. Olímpico de Pozuelo 8

8. Jabatas de Móstoles 6

9. Complutense Cisneros 4

10. Eibar RT 3

11. CR O Salvador 2