
Os veciños da vila xa non terán que acudir o Ferrol para renovar a clave, por exemplo
20 may 2025 . Actualizado á 05:00 h.A Subdelegada do Gobierno na Coruña, María Rivas, e o Comisario Provincial da Coruña, Carlos Gómez, presentaron onte oito novos puntos de actualización do DNI e un deles estará nAs Pontes.
Trátase dunhas máquinas que permiten actualizar a clave do DNI ou renovar os certificados dixitais na tramitación de documentos e xestións coa Administración Pública. Este labor poderase realizar sen necesidade de acudir fisicamente á oficina de Ferrol (situada en Esteiro), xa que os cidadáns poden actualizar a súa documentación de xeito rápido e seguro na vila pontesa.
Os outros puntos instalados na provincia atópanse en Cee, Melide, Noia, Ordes, Rianxo, Sada e Vimianzo.