Reunión de mulleres científicas no campus de Ferrol

La Voz FERROL

CIENCIA

UDC

A Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas de Galicia renovou a súa directiva na urbe naval

26 abr 2025 . Actualizado á 05:00 h.

O Campus Industrial de Ferrol acolleu o pasado xoves a X Xornada Abrandases na Ciencia «Facendo Balance: Retos e Incertezas», baixo a organización da Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas de Galicia (AMIT-GAL). A entidade aproveitou a cita para renovar a súa directiva, que agora encabeza como nova presidenta, Carmen Martínez, investigadora do centro Misión Biolóxica de Galicia (MBG) no Consello Superior de Investigacións Científicas.