Dez afortunados gozarán de 200 euros para gastar en comercios de Zas

La Voz CARBALLO / LA VOZ

ZAS

BASILIO BELLO

Entregados, nas Torres do Allo, os premios da última campaña comercial de Nadal

21 ene 2024 . Actualizado á 05:00 h.

O Concello de Zas entregou onte nas Torres do Allo os premios correspondentes á última campaña comercial de Nadal levado a cabo en Baio. En total, repartíronse dez cheques regalo de 200 euros cada un que se poderán trocar ata o 29 de febreiro en calquera establecemento do Concello de Zas, xa sexan comercios, locais de hostalería ou incluso clínicas.

Os gañadores foron Sheila Regueira, de Dumbría; Isaura Mira, de Cabana; Beatriz Mato, de Ponteceso; Francisco Ramos, de Carballo; María Cernadas e Ángel Lema, de Vimianzo, e María Victoria Rey, María Virtudes López, Ángel Vázquez e Lucía Miranda, do municipio de Zas.

Ao acto de entrega asistiron representantes do sector comercial de Baio, así como do Concello. O alcalde, Manuel Muíño, aproveitou para agradecer ás persoas que participaron na campaña de Nadal.