Sufriu unha caída e quedoulle un pé enganchado no guiador
24 oct 2025 . Actualizado á 16:24 h.Os bombeiros de Cee liberaron este venres, ás tres da tarde, a un motorista que sufriu unha caída cando circulaba pola AC-552 ao seu paso por Vimianzo. Segundo o 112, ao condutor quedou un pé enganchado no guiador, polo que foi necesario cortar parte do guiador. O piloto foi evacuado en ambulancia. Tamén acudiron ao momento a Garda Civil, Policía Local e Protección Civil.