Medina Azahara e Carnés reforzaron o seu idilio

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

VIMIANZO

A banda de rock andaluz, en xira de despedida, volveu este venres a Vimianzo. O público, tanto ou máis entregado que en anos anteriores: ¡mira este álbum! 

12 jul 2025 . Actualizado á 15:10 h.

Contan entre os asistentes que a praza estaba chea e, as almas, acendidas. Medina Azahara reforzou este venres o seu idilio coa localidade de Carnés, en cuxo San Cristovo actuara xa no 2016 e no 2017. A de Vimianzo, cando menos polo de agora, foi a única para en Galicia na xira de despedida dos escenarios, Todo tiene su fin, con concertos que seguirán ata o 2026. Manuel Martínez, Paco Ventura e Manuel Ibáñez, almas deste grupo de rock andaluz (Córdoba, 1979), serán por sempre parte da historia de Carnés. Soaron o venres grandes hits, coreados integramente por un entregado público. Na memoria por moito tempo, ese clásico Necesito respirar.