
Concello de Vimianzo, Axvalso e Cherinkas asinaron o convenio de colaboración: o consistorio aportará 35.000 euros para a celebración desta cita
27 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.4 e 5 de xullo • A piques de comezárense a servir os Pinchos Irmandiños en quince locais de hostalaría de Vimianzo, o Asalto ao Castelo quenta motores e vén de sumar un importante apoio económico para a celebración. A alcaldesa, Mónica Rodríguez, asinou cos representantes de Axvalso e Cherinkas un convenio de colaboración mediante o cal esta consolidada cita co medievo recibirá un aporte de 35.000 euros do Concello.
Destacou a mandataria «o compromiso coa preservación das tradicións locais» e resaltou, nese sentido, «o enorme traballo que hai detrás desta festa única», declarada de Interese Turístico.
Malia que algunhas actividades xa se veñen levando a cabo dende mediados deste mes de xuño, o groso terá lugar a vindeira semana, principalmente nas xornadas do venres e do sábado. Os pinchos, dende o martes.