
Ou Abaladoiro | A formación celebrou os seus 25 anos no restaurante Canta a Ra, Buño
07 abr 2025 . Actualizado á 05:00 h.O de «benvidos 25» que pendía da parede ten todo o significado do mundo, porque dá idea de que virán máis, de que a historia continúa, e así será. A coral San Salvador de Pazos celebrou o sábado no restaurante Canta a Ra de Buño a súa 25.º aniversario, un cuarto de século. Acudiron todos os coralistas e, segundo explicaban onte, houbo tamén un detalle para a directiva e o director, Jesús Couto Varela, en agradecemento a tantos anos de entrega. O presente, e máis aínda, ese xesto de cariño, chegou a emocionalos durante o encontro. «Nunca tivemos outro director, estamos moi contentos con el, é atento con todos», trasladaban. Ponteceso ten longa tradición de corais e bandas, e San Salvador é parte desta rica historia.