Lo sentimos, no hemos podido atender su petición.

Faleceu aos 54 anos Pedro Felipe Pazos, perito agrícola de Muxía

La Voz CARBALLO / LA VOZ

MUXÍA

TERESA BÚA

Foi sindicalista do SLG, grande activista cultural  e fillo dos acordeonista Pazos de Merexo

28 nov 2025 . Actualizado á 20:15 h.

Pedro Felipe Pazos Liñeiro faleceu aos 54 anos na súa casa de Merexo, na parroquia de San Martiño de Ozón, en Muxía. Deixa viúva, Ali Trillo, traballadora do Concello de Camariñas, e dous fillos, Manuel e Lucía, moi destacada yudoca. Pedro era fillo do soado acordeonista Pazos de Merexo, cuxa tradición musical mantén o seu neto Manuel. O enterro será este sábado, ás cinco da tarde, no cemiterio veciñal de San Roque,na parroquia de Moraime.

Pedro Felipe Pazos, en su época del SLG
Pedro Felipe Pazos, na súa época do SLG J.M. CASAL

Pedro Felipe era enxeñeiro técnico agrícola, e durante moitos anos foi responsable comarcal do Sindicato Labrego Galego. Tamén participou activamente na asociación Xaramiños, de música tradicional, e foi un dos impulsores da recuperación da danza de espadas de Quintáns, en Ozón. 

A súa morte causou unha fonda conmoción na comarca, como reflicten os comentarios de pésame a través das redes sociais.